Universidade de Vigo

GTE

Attention: open in a new window. PDFPrintEmail

Grupo de Tecnoloxía Enerxética

O grupo de investigación GTE foi creado por tres profesores da Universidade de Vigo e na actualidade está formado por máis de 25 membros. É un dos grupos máis productivos da Universidade no que a investigación e transferencia se refire como o demostran algúns dos recoñecementos que recibiu.

O traballo do grupo centrase na consolidación da actividade de investigación no marco da enxeñería térmica e enerxética contituíndose como una referencia en España e contribuindo ó desenvolvemento técnico e científico de Galicia.

As liñas de investigación principais son

  • Combustión de biomasa
  • Simulación de sistemas térmicos
  • Intercambiadores de calor para automoción
  • Motores mariños
  • Emprego de materiais de cambio de fase (PCM) en construcción
  • Simulación CFD en mediciña
  • Microxeración
  • Desenvolvemento de sistemas para comunicar medidores de gases en entornos pechados

Dende a creación do grupo, os seus membros estiveron traballando nestas líneas e foron incorporándose novos investigadores á estructura do equipo. Ó principio a capacidade de traballo era limitada debido a que as ferramentas de investigación tamén o eran, pero co desenvolvemento e incorporación de novas técnicas ó grupo pódense afrontar novas liñas de investigación:

  • Mecanismos de deposición en caldeiras de biomasa
  • Técnicas para a reducción de emisións de partículas

 

 

Contacto   
 IP  José Luis Míguez Tabarés
  This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it - 986818729
  Web de GTE