Universidade de Vigo

CIMA

Attention: open in a new window. PDFPrintEmail

Centro de Ingeniería Mecánica e Automoción (CIMA - EG06)

O Centro de Enxeñería Mecánica e Automoción (Grupo CIMA-EG06) é un grupo de investigación da Universidade de Vigo, liderado polo profesor D. José Antonio Vilán Vilán e constituido por profesores e investigadores desta universidade e pertencentes ó Departamento de Enxeñería Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluidos. O grupo conta con unha ampla experiencia en traballos realizados no campo da mecánica aplicada, análisis de mecanismos, simulación estructural estática e dinámica mediante elementos finitos e sistemas multicorpo, cálculo, deseño, prototipado, construcción e ensaio de máquinas e elementos mecánicos.

O grupo levou a cabo nos pasados anos máis de 200 proxectos, dos cales a maior parte foron financiados en convocatorias en réxime de concorrencia competitiva a nivel rexional, nacional e europeo; 16 equipos mecánicos homologados a nivel internacional polas sociedades de clasificación máis relevantes; 21 patentes e 2 modelos de utilidade, 6 das cales baixo explotación; 150 artíclos internacionais e 31 publicacións en congresos; 8 teses doctorais e outras 2 en camiño.

CIMA leva recibidas 13 bolsas e premios, entre os que destacan unha medalla de ouro europea e o premio á mellor patente española obtidos no XXXV Salón Internacional de Invencións e Xoves Productos de Xenebra no ano 2007. O grupo, ademáis, dirixe o único laboratorio oficial de homologación de reformas de automóbiles de Galicia, reconocido polo Ministerio de Industria.

Os traballos recentes que reflexan a actividade do grupo son:

  • Investigación, desenvolvemento e fabricación dun novo concepto de brazo manipulador antropomórfico mediante tecnoloxías aditivas en titanio para ROV tipo Work Class de alta profundidade (TitanRob), proxecto FEDER Conecta PEME Galicia 2014;
  • Investigación e desenvolvemento dun novo concepto de vehículo eléctrico con motores na roda, eficiente, de tres rodas, con un innovador sistema de inclinación e amortiguación e con prestaciones innovadoras no dieseño, seguridade, confort e sostibilidade (Vehículo Motorizado Stilz VMS), proxecto FEDER Innterconecta Galicia 2013;
  • Deseño e desenvolvemento, estructural e de sistemas, mediante o uso de ferramentas CAD, FEA e CFD, dun prototipo de draga ecolóxica para a limpeza por succión dos fondos mariños (Ecodraga), Proxecto FEDER Innterconecta Galicia 2012;
  • Deseño e prototipado de un nuevo calorímetro (CALIFA) para la detección de fotones en vuelo en el experimento R3B de FAIR;
  • Deseño, desenvolvemento e fabricación dun prototipo de grúa portaaeronaves off-shore de uso militar e invisible ó radar;
  • Deseño mecánico e estructural, control, pay-load e construcción dun femtosatelite tipo 1/8 cubesat para misións de constelacións distribuidas;
  • Sistema de tracción “gearless” e “brushless” con control adaptado para silla de rodas eléctrica;
  • Demostración dun proceso de reutilización de RAEE para la promoción de estándares dacordo á normativa europea (ecoRAEE), proyecto do programa europeo Life na convocatoria de 2011;
  • Desenvolvemento de modelos estructurales en 3D mediante técnicas FEM a partir de imaxes obtidas con microtomografía computerizada para la simulación de test biomecánicos que predigan de forma non destructiva as propiedades biomecánicas óseas na cabeza femoral humana;
  • Deseño e desenvolvemento dun nuevo casco de automoción de alto nivel de confort e seguridade mediante optimización basada na simulación fluidodinámica, elastodinámica e dinámica estructural;
  • Deseño e desenvolvemento dun novo proceso de alto rendimiento para a elaboración de granito basado no corte con cinta continua con segmentos diamantados.

 

Contacto  
 IP José Antonio Vilán Vilán
  This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it - 986818748
  Web de CIMA